Cas estrelas e planetas entre as mans.Proposta plástica

IMGP0488Na páxina de Actividades dos grupos están as fotografías das experiencias que estes día estamos a facer. Dentro do proxecto ERES O MEU CEO, mestumos  cores para os novos planetas (sistema Cervantes)  e  facemos  volúmenes ca arxila para engadir elementos ao universo.

As cores que precisa o novo sistema son: a rosa (Dulcinea),a gris(Quixote), a laranxa(Rocinante)  e azul (sancho). Xogar cas  mesturas é interesante, xa que podemos atopar novas cores,aínda que ca arxila buscamos formas esféricas, próximas aos planetas e estrelas, as nosas mans logran outras formas  diferentes. É un momento de xogar cas mans.

Sempre é mellor a arxila (barro) ca plastilina. En moitas ocasións non é posible facer este tipo de actividade, xa que require moito tempo de preparación e tamén de recollida e limpeza, pero sin dúbida estes momentos son moito máis interesantes para todos nós .

A plastilina facilita as cores das mesturas, pero a arxila fai posible as texturas, as novas  formas ,a man é máis capaz de modelar e crear ca arxila. Importante  habituarnos ás manchas nestes talleres  ( para moitos e moitas  é aínda complicado) xa que a través delas conseguimos facilitar a creatividade e o xogo de expresión plástica. É necesario sentir a liberdade no proceso de creatividade ca finalidade de facilitar momentos onde o neno e a nena atope espazos de expresión de ideas e especialmente emocións.

Dende os pequenos ( primeiros meses) podemos facilitar estas oportunidades de mover,trazar,crear cas masas..( purés ) para logo ir pasando por outras texturas ( fariña e auga, xelatinas, chocolate..) e como hoxe mostramos ca arxila.

IMGP0461

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.