Encontro con Cervantes na Biblioteca Municipal Monte Alto

KODAK Digital Still CameraKODAK Digital Still CameraKODAK Digital Still CameraKODAK Digital Still Camera

As palabras  CERVANTES, QUIXOTE,ROCINANTE,DULCINEA  forman parte do noso falar diario por moitas razóns. A primeira delas  é que con elas nomeamos a un novo sistema planetario no universo.  O sistema Cervantes.

Grazas á iniciativa “planetaria” achegámonos ó mundo das letras; dos escritores e das historías.Agora,xa temos incorporado no vocubulario cotiá a palabra “escritor”: Cervantes escribiu un libro e tamén establecemos  unha vinculación directa cas palabras: letras,escritura,libro,papel,debuxo,personaxes , os nomes dos grandes protagonistas, molinos,xigantes, imaxinación,burro,escudo,lanza,casco,..o lugares como Toboso.

A comida está tamén vinculada a esta homenaxe: nosa proposta é  SOPA CERVANTES,  unha sopa chea de letras, de planetas (garavanzos) estrelas (cenorias) e personaxes diversos (polo e churruscos de pan)  que navegan en un caldiño cheo de O,A,L,X…

Tomar “Sopa Cervantes”é moi divertido; especialmente para os que lles gusta comer moi despacio e falar moito.

Comer letras, enche a barriga de diversión e ilusión. !Facer a proba¡

Grazas a Biblioteca Municipal Monte Alto e as súas magníficas “Chus,Marta, Alicia,..kity..e moitas máis” por facilitar o encontro tan especial con este gran escritor. A súa reportaxe nuns días neste blog.

Esta entrada fue publicada en Bebeteca, Biblioteca, Cervantes y el Quijote, contos, escritores, Libros, Sin categoría. Guarda el enlace permanente.