PAN PARA PAN !!

KODAK Digital Still CameraKODAK Digital Still CameraKODAK Digital Still CameraKODAK Digital Still CameraComezamos a establecer co grupo dos pequenos un momento de media mañá no que o pan é o protagonista da nosa atención e logo da nosa boca.

Coller, tocar,chupar, morder, mastigar pan é delicioso para eles. A todos parece gustarlles moito, polo que en poucos días o convertemos nun rito diario no que cada quen chega co pan ata onde quere.

A alimentación durante o primeiro ano pasa por cambios destacados e vai en relación coa maduración física de partes do corpo  que son destacadas para o acto de comer: a coordinación man e ollo, a presión da man, a dentición, os movementos da lingua e labios.

Comer pan felices  a media mañá, todos xuntos, é inicialmente  un logro individual no que  comezan a fortalecerse as relacións e o sentido de grupo.

Esta entrada fue publicada en alimentación y etiquetada . Guarda el enlace permanente.