Bichiños na escola: aprendendo a coidar e apreciar a vida

Os bichiños: caracois, miñocas,saltóns,formigas,.. libélulas,arañas.. están presentes na vida diaria da escola. Os caracois especialmente son admirados e perseguidos coa vista  no seu  propio territorio  inicial ( o caixón da herba pequerrechiña). Hai caracois pequenos e grandes, con cores e sen cores..dependendo do momento no  que entraron na escola.O caracol axuda moito a aprender a mirar, xa que  invita a ter calma e moita paciencia.

O caracol marca o  ritmo;non podemos facer que ande ás presas, polo que teremos sempre que esperar a que faga a súa aparición; levante os cornos, ande ou coma.. suba ou baixe. Admirar animais e bichiños é xa unha parte importante da vida cotiá da escola.

Como está Marqués? e Yuri,..? como están hoxe Manuelita e Tina?..Toca botar comida..ou facer que Yuri asome un pouco para saber que segue ben.. Tamén os caracois, e bichiños de terra son parte das nosas preocupacións,xa que eles viven con nós na escola.

Cando establecemos relacións con animais ou bichiños estamos a aprender valores, APRENDER A SER “responsables, coidadosos, amables, pacentes,xenerosos..”

Mirar á outro é preocuparnos do que pasa é  valioso e necesario para medrar.

Esta entrada fue publicada en animais na escola, ciencia desde la infancia, educación medioambiental, experiencia cos animais. Guarda el enlace permanente.