Irene e Mariña, son filla e nai e viven en Fisterra.Son amigas da escola e colaboran sempre que poden en todo o que estamos a facer: O día de Ciencia na Rúa, cos textos de traballos e proxectos.
Nesta ocasión aproveitaron que estaban por aquí e trouxeron á escola sementes de flores e plantas. Nós estivemos a mostrar todos os avances que a horta está a ter durante estas últimas semanas. O pouco sol fixo que as verduras: coles,acelgas e espinacas medraran moito. Aínda que están pequenas, mostrámoslles a Irene e Mariña as plantas de xirasois que xa están á vista no chamado “Xardín de Irene” en agradecemento pola súa axuda e amistade.