O PROCESO DE RENOVACIÓN E SOLICITUDE, TODA UNHA ETAPA DE PAPEIS,VISITAS E PREGUNTAS

O Concello xa publicou o calendario que determina o proceso de reserva e solicitude de prazas na rede de escolas municipais.

A través da rede é moi doado consultar e descargar documentación.

neste enlace podedes consultar

http://edu.coruna.es/ga/reim/admision_de_alumnos_normas_requisitos_y_calendario

o máis destacado

RESERVA DE PRAZA

Os nenos e nenas escolarizados/as durante o curso 2015-2016 na rede de escolas infantís municipais, terán dereito á renovación da súa praza nas seguintes datas.

Do 31 de marzo ao 12 de abril de 2016 na propia escola

(Exíxese para a renovación: estar ao día no pagamento das cuotas mensuais e actualizar a documentación da situación económica, familiar e de residencia no municipio)

 

NOVOS INGRESOS para menores nados en 2014, 2015 e 2016

· Publicación prazas dispoñibles: 14 de abril

· Prazo solicitude: Do 18 de abril ao 6 de maio (ambos incluidos)

 

Poderá solicitarse praza nun máximo de 2 Escolas Infantís Municipais. Presentarase a documentación esixida en cada unha delas. De incumplirse esta norma o solicitante pasará a ocupar o último lugar na relación de solicitudes, independientemente da puntuación obtida. Unha vez pechado o prazo de solicitudes non se permitirá a alegación nin a xustificación de méritos

· Prazo de matrícula: do 6 ao 17 de xuño

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2016-2017: 6 de setembro de 2016

BAREMACIÓN:

http://edu.coruna.es/ga/reim/admision_de_alumnos_normas_requisitos_y_calendario/requisitos_e_criterios

DOCUMENTACIÓN:

http://edu.coruna.es/ga/reim/admision_de_alumnos_normas_requisitos_y_calendario/documentacion

Esta entrada fue publicada en calendario escolar. Guarda el enlace permanente.