Gústanos este libro para os que andan polo Cacho-Cole

enquepiensas_l

Este libro é un tesouro, xa que se pode encontrar cada día algo novo e diferente. Todo depende de nós, como acompañantes do conto, e deles ( nenos e nenas) que poden contar e expresar moito máis do que hai.

É importante ter tempo para este conto, cada día un pouco, e seguro que é diferente.

O conto hai tempo que está na escola, é deses libros do que quedas prendida, e sabes que nun momento ou  outro entrará na aula dun xeito valioso e significativo.

Entrou na aula á volta da visita á Casa da Mona Lisa…ou sexa, á volta da visita DA CASA DO HOME.  A entrada neste magnífico espazo de descubrimentos está precedida polo home que está a pensar, non é un home é un esqueleto. Unha postura é un significado para todos nós. Pensar comeza a relacionarse con silencio, quietude,postura, cabeza, man.

E que estará a pensar?…aquí comezamos.A postura, o corpo, os ósos, e tamén…a cabeza, o cerebro e as neuronas.
Na casa do home garda moitas oportunidades máxicas, desas que son aliadas da escola.. o gran corazón, a latexo infinito durante todo o tempo da visita, a cadea do ADN…e invita a falar,xogar e mirar que será iso das neuronas.

Logo coñecemos  a Don Ramón, Ramón y Cajal e  tamén averiguamos que para algíns eran duás persoas e non unha.. “Mamá non estaba Cajal, na Casa na Mona Lisa, estaba  solo Ramón”- Ada

Grazas nenos e nenas por aprender tanto de vós, e deixar ano tras ano unha chea de ideas e melloras no  noso facer de educadoras.

Por iso entrou este conto na aula; para motivar a falar,contar, expresar o que eles pensan..o que os demais a través de debuxos pensan…do que narran podemos quitar moitas ideas do momento que están a vivir, das súas impresións, preocupacións, sentimentos. Tal  vez o máis importante, das súas emocións. Emocións que son protagonistas cando estamos a falar de cambios na súa vida… ” xa eres maior, e terás un cole máis grande” ” ves esta escola é pequena, é para bebés”, ” terás un patio, outros xoguetes…e irás co primo”.

As palabras provocan emocións, e ás veces, desmontan a seguridade conseguida que está baseada na pequenas cousas do día a día:saúdos, xestos, nomes, amigos e un espazo  que aínda  que pequeno é  acolledor. Con este conto, que andará polas casas dos maiores da escola, queremos animar a que a familia escoite os seus pensamentos e  aínda  máis sobre as súas emocións.

 

 

Esta entrada fue publicada en ciencia desde la infancia, continuidade entre escola e colexio., EDUCACIÓN PARA A SAÚDE, Educación para la paz. Valores, emociones. miedo., familias, recursos didácticos, reflexión. Guarda el enlace permanente.