Os enlaces e fotos que nos chegan desde casa

.facebook_1459024471777Moitas familias da escola están nun momento de “toma de decisións” entre escoller,aceptar,recurrir o mellor aínda “celebrar”, o centro educativo do próximo curso. O paso da escola ao colexio implica moito. Para escola tamén.

“Dende hai anos intentamos que este paso non sexa un cambio sen máis. Fixemos todo o posible para que  educadores/mestres de ambos ciclos estiveramos conectados polo interese de que os nenas e nenas podan transitar dun espazo escolar a outro contando coa implicación de todos e todas. É difícil conseguilo. Pero aínda así, dendes esta escola o seguimos intentando. Pensamos nun proxecto ponte, nun coñecemento máis directo entre profesionais que acompañan e acompañarán aos cativ@s, e intentar manter unha liña de colaboración para axudarnos nos momentos de cambio. Hai actividades que se están a facer e que poden servir de unión: temos A tenda de Antón, recurso aberto a comunidade escolar de toda a cidade, temos as rutas de Paseniño, que sin dúbida serven para chegar tamén a outros centros, .. e ilusión por abrir novas colaboracións.”

 

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.