Os enlaces e fotos que nos chegan desde casa

.facebook_1459024471777Moitas familias da escola están nun momento de “toma de decisións” entre escoller,aceptar,recurrir o mellor aínda “celebrar”, o centro educativo do próximo curso. O paso da escola ao colexio implica moito. Para escola tamén.

“Dende hai anos intentamos que este paso non sexa un cambio sen máis. Fixemos todo o posible para que  educadores/mestres de ambos ciclos estiveramos conectados polo interese de que os nenas e nenas podan transitar dun espazo escolar a outro contando coa implicación de todos e todas. É difícil conseguilo. Pero aínda así, dendes esta escola o seguimos intentando. Pensamos nun proxecto ponte, nun coñecemento máis directo entre profesionais que acompañan e acompañarán aos cativ@s, e intentar manter unha liña de colaboración para axudarnos nos momentos de cambio. Hai actividades que se están a facer e que poden servir de unión: temos A tenda de Antón, recurso aberto a comunidade escolar de toda a cidade, temos as rutas de Paseniño, que sin dúbida serven para chegar tamén a outros centros, .. e ilusión por abrir novas colaboracións.”

 

 

As novas da primavera

KODAK Digital Still CameraPlantación dos tomates no hortoKODAK Digital Still CameraO xardín de Irene na entrada

KODAK Digital Still CameraKODAK Digital Still Camera

Actividade de creación de “ecosistemas”: monte, prado,praia,monte queimado..no que viven bichiños e animais que cada quen escolle para incorporar á paisaxe.

Elementos que se poden atopar: follas,paus,pedras,herba,plantas,liques,cinza,pinas,sementes, auga,terra,area,algas,paus queimados..bichiños e animais en xeral.

 

Ás portas da primavera, o horto de Antón está no momento de plantación e primeiros coidados.

IMGP0162 IMGP0165 IMGP0167 IMGP0171

Grazas ao cambio do tempo podemos facer tarefas de plantación, rega e coidado das plantas que comezan a medrar nas caixas do horto.

Os amorodos, que trouxo a nosa amiga Irene de Fisterra forón pasados ás caixas, as  espinacas tamén e os chícharos, que xa levan dúas semanas plantados, precisan dunha guía para ir dereitos. Un pouco de rega e moito sol, aínda que de momento o frío tamén está moi presente.

 

Caderno para A Fundación Vicente Ferrer: MANS PARA A INDIA

Entre todos elaboramos un traballo onde as mans contan cun gran protagonismo.

Onte sábado día 6 de marzo, enviamos á India este documento en nome de toda a escola dentro do programa de colaboración  SCHOOL TO SCHOOL, entre centros educacativos da India e España.

 

embedded by Embedded Video

vimeo Direkt