Xa listos para comezar o horto da escola!! Proxecto de Horto Comunitario- visita con membros de Abeiro e Asociación de veciños

Alá pola festa de outono moitos nenos e nenas tiveron oportunidade de levar para casa semente de herba e de cabaza nuns pequenos vasos.

Xa chegaban de vez en cando comentarios sobre a rápido crecemente da herba..e tamén as primeiras vistas de brotes da cabaza. Á espera da chegada de mellor tempo para sementar e plantar recollemos estas imaxes que mostran o coidado e atención  posto dende casa.

Diana e familia parabéns..dentro duns días a planta de cabaza estará moito máis grande o seu crecemente e moi rápido.Graciñas..

Por outra banda, pero sobre o mesmo tema decirvos que..

O pasado 11 de febreiro tivemos a oportunidade de coñecer os hortos da universidade e recibir unha información directa da xestión e organización dos mesmos.

A escola forma parte da comisión de horta comunitaria no barrio de Monte Alto e está a participar nas reunións e visitas programadas para poñer en marcha este proxecto. A visita foi moi interesante e aprendemos moito destas experiencias que están moi consolidadas noutras cidades.

Hortas da Universidade visita 11 de febreiro

Hortas da Universidade
visita 11 de febreiro

KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera

Esta entrada fue publicada en el huerto, o horto, Sin categoría y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.