Documento presentado ó concello: demandas,deficiencias e ideas para mellorar os espazos praza-mercado

 

Microsoft Word - Propuesta de Ideas Plaza del Mercado de Monte A

“Documento onde se intenta reflectir a meirande parte das deficiencias da praza, as nosas demandas e tamén as posibles ideas e propostas dos veciños, pais-nais da Escola Infantil, etc.
Salientar que hai deseños de ideas feitos por pais e nais que son arquitectos, polo que poden aportar un maior grao de visión sobre a situación da praza e a posibles melloras ao respecto.” Juan Amores, membro da comunidade educativa.

Doc.pdf

Propuesta de Ideas Plaza del Mercado de Monte Alto

Xa listos para comezar o horto da escola!! Proxecto de Horto Comunitario- visita con membros de Abeiro e Asociación de veciños

Alá pola festa de outono moitos nenos e nenas tiveron oportunidade de levar para casa semente de herba e de cabaza nuns pequenos vasos.

Xa chegaban de vez en cando comentarios sobre a rápido crecemente da herba..e tamén as primeiras vistas de brotes da cabaza. Á espera da chegada de mellor tempo para sementar e plantar recollemos estas imaxes que mostran o coidado e atención  posto dende casa.

Diana e familia parabéns..dentro duns días a planta de cabaza estará moito máis grande o seu crecemente e moi rápido.Graciñas..

Por outra banda, pero sobre o mesmo tema decirvos que..

O pasado 11 de febreiro tivemos a oportunidade de coñecer os hortos da universidade e recibir unha información directa da xestión e organización dos mesmos.

A escola forma parte da comisión de horta comunitaria no barrio de Monte Alto e está a participar nas reunións e visitas programadas para poñer en marcha este proxecto. A visita foi moi interesante e aprendemos moito destas experiencias que están moi consolidadas noutras cidades.

Hortas da Universidade visita 11 de febreiro

Hortas da Universidade
visita 11 de febreiro

KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera KODAK Digital Still Camera

PASARRÚAS DE ENTROIDO, unha festa divertida e diferente!!

KODAK Digital Still Camera

img1454700339810 img1454700451194 img1454700516112 img1454700606610 img1454700695632 img1454700838972

 

 

IMG_20160205_191316 retocadaIMG_20160205_191308IMG_20160205_191253 retocada

 

 

 

 

 

PUNTO DE ENCONTRO: PRAZA DO MERCADO, XUNTO Á ESCOLA 16:30H

QUE BEN O PASAMOS!!

GRACIÑAS A TODAS AS FAMILIAS POLA MAGNÍFICA COLABORACIÓN E POR ENCHER A RÚA DE CANCIÓNS E ALEGRÍA.

OS DISFRACES FORON MAGNÍFICOS E FORMAMOS ENTRE TODOS  UN GRUPO DIVERTIDO E CON MOITAS GAÑAS DE FESTA.

Saída pola rúa do Conto ata a Avenida de Hércules, tomamos dirección Torre para facer dúas paradas na tenda de Chuches e na tenda Acuarela, onde cantaremos ás comerciantes que colaboran nesta actividades, logo escaparate da Ferretería y cruzar polo paso peonil para cambiar a dirección do paseo.

Mantemos a Avenida de Hércules, pero dirección Campo de Marte, durante este percorrido faremos paradas na froitería e na panadería e tamén na zapatería. Logo tomaremos a rúa Vereda do Polvorín para chegar á fotocopiadora. Voltaremos de novo á Avenida de Hércules para pasar ao Campo de Marte onde tomaremos algo de xantar.

Baixaremos polo Campo de Marte ata a rúa Adelaida Muro, para logo coller pola rúa Matadoiro. Veremos dende o paseo a figura da Serea e de alí pola costa da rúa Cantábrico ata a rúa Angel Rebollo para facer a parada na empresa de diseño que tantas cousas elabora para á escola.

Xa preto da escola, subindo pola rúa Camariñas dobraremos pola rúa Forcarei e xa estamos de novo na escola.

Bo Entroido e moitas grazas por participar nesta actividade!!