A vida dos bichiños da escola: Os caracois ( proxecto HERBA PEQUERRECHIÑA. VOZ NATURA)

IMGP0065IMGP0066IMGP0069IMGP0068IMGP0070

 

 

 

No patio da escola hai un pequeno terrario onde vive un grupiño de caracois que chegaron grazas á colaboración de varias familias. A caixa conta con herba e con plantas pequenas de repolo e de acelga como alimento e  a diario regamos e mirámolos para ver como están. Os caracois trepan por toda a caixa e moi doádo que teñamos que abrir e pechar a porta con moito coidado.  A finalidade desta actividade é favorecer a curiosidade e observación da vida animal – bichiños e  valorar os coidados que os seres vivos precisan ( alimento, auga,espazo e refuxio) fomentando a iniciación dos  hábitos de coidado da natureza e respecto pola vida de animais e plantas. A linguaxe oral e a adquisición de novo vocabulario van acompañando a diario estas rutinas.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.