proximas citas, antes de rematar o ano ( música) e para iniciar o 2016 (chimpancés, horta comunitaria y paseniño, paseniño vou facendo o camiño)

O martes 22 terá lugar no Planetario un concerto a cargo de FELIX ARIAS, será ás 19,30h.

As entradas dende hoxe están a venda CASA DE LAS CIENCIAS

DSCN2110

    FUNDACIÓN JANE GOODALL

Nas primeiras semanas de xaneiro terá lugar un encontro con familias (grandes e pequenos) para coñecer a actividade da FUNDACIÓN JANE GOODALL a cargo da biologa e cooperante AMANDA BARCIELA, cooperante dende hai meses no INSTITUTO JANE GOODALL en SENEGAL, onde desenvolven un programa da  conservación de chimpancés.

Deixamos estes enlaces para que podades ver estes documentos tan fermosos:

https: www.youtube.com/watch?v=K05Na1rWfDc

 

HORTA COMUNITARIA

A tamén estaremos pendentes de unha nova convocatoria da comisión xestora da HORTA COMUNITARIA de MONTE ALTO.

A Asociación xuvenil ABEIRO, a asocición veciñal e a nosa escola formamos parte de esta comisión xestora para facer realidade este proxecto preto da Torre de Hércules, nunha leira que xa o concello apalabrou cos membros de Abeiro. No mes de xaneiro un novo encontro para levar adiante a xestión dunha horta colectiva.

 

PASENIÑO PASENIÑO VOU FACENDO O CAMIÑO

No próximo mes tamén queremos facer a presentación oficial do proxecto de mobilidade polo barrio, no que participan familias e comerciantes e contamos co apoio da Asociación de Veciños e de alumnado do Instituto Ánxel Casal. O proxecto conta cun cancioneiro e ilustracións propias creadas e adaptadas polo músico FELIX ARIAS, e a ilustradora  SARA IGLESIAS.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.