Festa de Nadal

Onte, venres 18 celebramos a festa de nadal, un encontro moi especial para todos e todas, na que gozamos de momentos onde A LUZ, AS ESTRELAS, A NATUREZA E O APALPADOR foron os temas centrais dos diferentes momentos da tarde sempre acompañados da música e o baile.

Esta é a carta de presentación da festa

“Estimada familia:

Na primeira parte Miraremos ao ceo e veremos as estrelas e as luces que tanto nos fascinan e animan estes días. Escoitaremos as músicas das constelaciones e entre todos instalaremos O CEO DO NADAL.
A segunda parte invítanos a mirar facía a terra e o chan, e descubrir os bichiños que están por todas partes, aínda que algunhas veces non os vemos, eles son unha parte moi importante da natureza e seguro que entre a árbore e o nacemento atopamos moitos deles.
A terceira parte bríndanos a oportunidade de recibir a un personaxe que vai sendo cada vez máis coñecido e que pertence á cultura popular e tradicións do Nadal: O APALPADOR.
O apalpador pode ser algo impactante (igual que pode resultar para moitos deles a figura de Papa Noel ou os Reis Meigos…) co fin de que resulte familiar ou polo menos próximo a eles, pedímosvos que contedes e mostredes ao voso fillo/a, estes días algún vídeo ou canción deste personaxe tan singular. Podedes atopar moitos enlaces…
A presenza do Apalpador é unha colaboración da Asociación de Veciños de Atochas Monte Alto e chegará á escola ás 18h.
A festa finalizará sobre as 19h.
Durante a festa tomaremos a merienda tradicional de CHOCOLATE CON CHURROS / LARPEIRADAS.”

Grazas a Noelia, mamá de Iker por estas primeiras fotos da festa.
IMG-20151218-WA0096IMG-20151218-WA0092IMG-20151218-WA0079IMG-20151218-WA0068IMG-20151218-WA0060IMG-20151218-WA0054

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.