MARTES DÍA 1 DE DECEMBRO CHARLA COLOQUÍO- OS COIDADOS DO PÉ INFANTIL

charla coloquio PATRICIA PAREDEScropped-la-foto446.jpg

Na escola,xa levamos case un ano facendo unha tarefa diaria de quitar o calzado da rúa por calzado específico para estar dentro da escola.

Esta medida foi moi ben acollida por todas as familiares, aínda que recoñecemos que non contamos coas mellores condicións espaciais para facelo dun xeito cómodo e tranquilo.  Pero a pesares destas limitacións cada día os nenos e nenas pasan un ratiño cos seus familiares na entrada facendo este cambio. O momento é algo máis que mudar os zapatos por razóns de hixiene, hai outras pequenas cousas que son case máis interesantes de cara aos nenos e nenas.

  • O momento de entrada é cada vez máis activo por parte das familias, tanto nesta axuda que prestan como na rutina que se presenta na mesma (paneis de experiencias sobre  os temas da escola) dedican máis tempo.
  • Hai máis máis barullo pero tamén favorece o primeiro intercambio de saúdos entre pequenos e maiores.
  • As familias pasan un cachiño máis de tempo e a despedida é máis prolongada.

Ao longo destes meses observamos   o tipo de calzado alternativo para estar na escola: zapatillas, deportivas,zapatos..e  chegamos a conclusión da escasa importancia que lle concedemos ao calzado, cando sen dúbida é unha das máis importantes pezas para favorecer o desenvolvemento da mobilidade correcta e saudable nos primeiros anos.

Coa colaboración da podóloga Patricia Paredes, membro da comunidade escolar, organizamos esta charla coloquio para facilitar as familias unha información e  a posibilidade de falar cunha especialista e profesional na materia.

A entrada é libre.Comezaremos ás 17h.

Lugar: EIM MONTEALTO. RÚA FORCAREI s/n.

 

 

O

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.