Novas noticias musicais

Neste mes de novembro contaremos coa presenza de Félix Arias os martes para acompañarnos no proxecto musical desta escola, onde a música clásica e os primeiros conceptos musicais combínanse perfectamente coa voz e son deste artista e cantautor.

A Ampa Titongo leva adiante esta actividade que vai pasando por espazos da escola e que chega a todos os pequechos e pequechas dende as 10,30 da mañá.

Tamén a partir do próximo luns, os ex-alumnos e alumnas da escola contan coa oportunidade de pasar unha hora de 17 a 18 horas tocando e facendo música coa guitarra da man de Félix. Lembramos que todos deben achegar un calzado especial para entrar na escola.

 

Esta entrada fue publicada en artistas, Música. Guarda el enlace permanente.