Dende hai algún tempo temos entre as nosas mans varios libros de Concha Sánchez, Profesora da Facultade de educación da UDCe que temos a sorte de coñecer e manter unha relación de aprendizaxe e intercambio de experiencias que sempre nos enche de satisfación.
A súa obra “INFANCIAS NÓMADAS:EDUCANDO EN EL DERECHO A LA MOVILIDAD “serve para atopar unha fonte inagotable de reflexións, ideas e propostas de traballo na aposta por xerar unha vida de escola cunha filosofía aperturista que racha a fronteiras de una actividade pechada ao mundo e limitadas en si mesmas.
Concha anima a “converter as escolas en comunidades críticas de aprendizaxe onde a mobilidade se converte nun elemento esencial para a construción de relacions de comunicación mais alá do propio centro educativo , de maneira que os seus proxectos culturais deixen de ter un carácter endogámico”
http://www.agapea.com/Mino-y-Davila-Editores/Infancias-nomadas-educando-el-derecho-a-la-movilidad-i1n9632803.jpg