Ciencia en Acción.Viladecáns 2015

Xa de volta!!Os días 16 e 17 de outubro participamos na final de Ciencia en Acción, onde mostramos os dous proxectos da escola que foron premiados nesta convocatoria: Eres o meu ceo e Circuitos de auga.Lamentablemente non foi o lugar nin o mellor momento para celebración do equipo educativo desta escola, xa que a pesar de ser moi ben recibida a noticia dos premios, estabamos coa cabeciña e o corazón noutra parte. En nome de todo o equipo e o grupo de Familias Astrónomas que axudaron a presentarnos a este certame, recibimos os premios e mantemos a idea de compartir este momento e  facer un encontro en canto chegue o “Telescopio” que temos de premio e que chegará nun días.

Chegamos a Viladecáns nunha furgoneta cargada co material da exposición, grazas á colaboración de X.Lois Palleiro u bo  amigo  que se  brindou a acompañarnos e axudar en todo o que estivera na súas mans.

DSC_4998DSC_5772

O venres foi a presentación e entrega dos premios de Adopta unha estrela, e alí recibimos o primeiro premio de FALAMOS DE ASTRONOMÍA, o sábado entregaron a mención de honor de CIENCIA E TECNOLOXÍA.

Coa presenza de Juana dende o venres noite, afrontamos a xornada do sábado.

P1000410P1000411P1000409

O sábado un día completo  de moita xente no que tivemos que expoñer os dous traballos en espazos diferentes do recinto. Por unha banda, a parte de ciencia e tecnoloxía, onde mostramos os “circuitos”e por outra na sala onde estaban as propostas de astronomía… que como vedes baixaron ao chan como é normal no traballo diario da escola.

P1000418P1000450P1000445

P1000453P1000452P1000444

Esta é a primeira entrega de fotos, xa que non tivemos tempo para facer o dossier completo..pero todo chegará.

Dicirvos que alí en Viladecáns estabamos moitos máis da Coruña e arredores ..un grupo de mestres  moi activo que levamos tempo compartindo “cousas de ciencias” do Ceip de Carral,  o Instituto David Buján de Cambre, oInstituo Monte das Moas, unha parella da UDC etc.. e moito alumnado destes centros que viaxaron cos profesores.

P1000492

Todos pensamos o mesmo, a mágoa de non estar na casa facendo esta edición, e a pérdida tan lamentable de oportunidades de coñecemento e relacións ,que un evento deste nivel e participación internacional ofrece a unha cidade chea de interese pola ciencia e a divulgación.

Graciñas a Rosa María Ros e Cristina Padilla  de Ciencia en Acción pola seu bo facer e profesionalidade, polo seu agarimo e axuda en momentos de dificultade.

 

 

O Dereito á mobilidade dende a infancia/ INFANCIAS NÓMADAS. Concepción Sánchez Blanco

Dende hai algún tempo temos entre as nosas mans varios libros de Concha Sánchez, Profesora da Facultade de educación da UDCe que temos a sorte de coñecer e manter unha relación de aprendizaxe e intercambio de experiencias que sempre nos enche de satisfación.

A súa obra  “INFANCIAS NÓMADAS:EDUCANDO EN EL DERECHO A LA MOVILIDAD “serve para atopar unha fonte inagotable de reflexións, ideas e propostas de traballo na aposta por xerar unha vida de escola  cunha filosofía aperturista  que racha a fronteiras de una actividade pechada ao mundo e  limitadas en si mesmas.

Concha anima a “converter as escolas en comunidades críticas de aprendizaxe onde a mobilidade se converte nun elemento esencial para a construción de relacions de comunicación mais alá do propio centro educativo , de maneira que os seus proxectos culturais deixen de ter un carácter endogámico”

 

http://www.agapea.com/Mino-y-Davila-Editores/Infancias-nomadas-educando-el-derecho-a-la-movilidad-i1n9632803.jpg

http://www.agapea.com/Mino-y-Davila-Editores/Infancias-nomadas-educando-el-derecho-a-la-movilidad-i1n9632803.jpg