O xoves día 8 de outubro estaremos presentando o eixo inicial das actividades da escola ao longo do curso. Unhas propostas dirixidas aos nenos e nenas para levarse á práctica tanto dentro como fóra da escola, e que precisa da necesaria implicación e complicidade das familias e veciñ@s.
O conxunto destes proxectos están sempre determinados pola participación das familias,colaboradores e institucións, polo tanto é necesario, atopar e garantir que a información conta con espazos e momentos adecuados para ser transmitida e nos que poidan xurdir opinións,colaboracións,suxestións e novas alternativas para este ou outros momentos futuros.
Coa finalidade de que sexa unha reunión cómoda para tod@s solicitamos ao concello un espazo alternativo preto da escola e que forma parte dos espazos municipais do barrio.
A presentación será no ESPAZO DE INICIATIVA XUVENIL da rúa Matadoiro nº 68 baixo, no paseo maritimo, a hora de comezo 17,30h e a duración ata as 19,30h.
Convocamos a todos os pais e nais, amig@s,colaborador@ e persoas interesad@s en coñecer as actividades que poñemos en marcha para os vindeiros meses.
https://picasaweb.google.com/103179137791745054721/EIXLocalizacion#5596854774869850322