Sempre o xogo será o noso mellor compañeiro da viaxe!!

Benvidas familias e amig@s:

Xa podedes ver na nosa cabeceira que os máis intrepidos xa están dispostos a emprender unha viaxe de xogos e descubrimentos.

Julia e Martín alí estiveron na exposición do Marineda City  “Kids on the moon”que termina hoxe día 20.

Esta fotografía ilustra moi ben o que propoñemos día a día na escola, lograr pequenas conquistas, por suposto que non temos que marchar moi lonxe, as temos moi preto de nós, pero sabemos que o “gran salto”a outras aventuras é unha finalidade para os vindeiros anos.

A cercanía é o máis valioso para os nenos e nenas nestas idades, a seguridade e a confianza no grupo e en cada unha das educadoras.

A partir deste sentimento de seguridade e proximidade pódese lograr que os pequenos e pequenas fagan as súas conquistas: O movemento, a mirada,o sorriso, a linguaxe, un bo descanso, o gusto por comer, e a liberdade de facer e desfacer  o que máis preto está.

Cada neno e nena elabora ” o seu universo de conquistas”,as súas propias experiencias determinadas polas súas preferencias e intereses,polo tanto cada un é único, marabilloso e especial no universo.

 
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.