Comeza o programa de Encontros da Escola.

Neste curso que comeza imos facer novidades sobre este tema.

  • cores-dende-as-nubes.jpgInstalación do curso 2013/14 ” Atopando espazos para medrar /A educación non pode estar gardada entre catro paredes” 

     

O primeiro encontro é a tan esperada e desexada por todas as nais e pais  reunión da aula, onde cada educadora  contará como estamos a vivir estas primeiras semanas do curso.

Estas son as datas

  • Grupo de  Cunas, martes día 29 ás 17 horas.
  • Grupo de Aula  Grande, martes día 29  ás 18 horas.
  • Grupo de  Cacho-cole, mércores día 30 ás 17 horas.

Contaremos e mostraremos as propostas de rutinas diarias que forman o eixo organizador da mañá, así como a coordinación inicial, a alimentación, o descanso, a hixiene e o xogo individual e de grupo.

Tamén falaremos das entradas e saídas, do tema do calzado, as cadeiras,da roupa, do chándal e de temas relativos á organización escolar.

Valoraremos en grupo a forma de coordinar a información entre escola-familia: libreta,correos, papel etc.

O segundo encontro será na primeira quincena de outubro e terá lugar no CENTRO CÍVICO do barrio,  presentaremos  PROXECTOS DA ESCOLA: as experiencias que organizan   a vida  deste curso. Pensamos que dado o gran número de familias que estades asistindo ás reunión é  moito mellor e máis seguro un espazo amplo e cómodo para todos, por iso levaremos esta presentación ao centro cívico, tamén para que todos aqueles  interesad@s en coñecer o noso traballo educativo o poidan facer.

Contamos neste primeiro trimestre con dúas charlas-coloquio informativas relativas dunha forma moi especial á saúde dos primeiros anos, a cargo de nais da escola especialistas en cada un dos temas.Máis información nuns días.

la foto(139)

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.