Presentación PROXECTOS DA ESCOLA. 8 DE OUTUBRO NO ESPAZO DE INICIATIVA XUVENIL DO CONCELLO.RÚA MATADOIRO Nº 68 BAIXO

O xoves día 8 de outubro estaremos presentando o eixo inicial das actividades da escola ao longo do curso. Unhas propostas dirixidas aos nenos e nenas para levarse á práctica tanto dentro como fóra da escola, e  que precisa da necesaria implicación e complicidade das familias e veciñ@s.

O conxunto destes proxectos están sempre  determinados pola participación das familias,colaboradores e institucións, polo tanto é  necesario, atopar e garantir que a información conta con espazos e momentos  adecuados para ser transmitida e nos que  poidan xurdir opinións,colaboracións,suxestións e novas alternativas para este ou outros momentos futuros.

Coa finalidade de que sexa unha reunión cómoda para tod@s  solicitamos ao concello un espazo alternativo preto da escola e que forma parte dos espazos municipais do barrio.

A presentación será no ESPAZO DE INICIATIVA XUVENIL da rúa Matadoiro nº 68 baixo, no paseo maritimo, a hora de comezo 17,30h e a duración ata as 19,30h.

Convocamos a todos os pais e nais, amig@s,colaborador@ e persoas     interesad@s en coñecer as actividades que poñemos en marcha para os vindeiros meses.

ENLACE EIX na rúa matadoiro

https://picasaweb.google.com/103179137791745054721/EIXLocalizacion#5596854774869850322

Resultado de imagen de espacio de iniciativa juvenil coruña

 

 

 

Comeza o programa de Encontros da Escola.

Neste curso que comeza imos facer novidades sobre este tema.

  • cores-dende-as-nubes.jpgInstalación do curso 2013/14 ” Atopando espazos para medrar /A educación non pode estar gardada entre catro paredes” 

     

O primeiro encontro é a tan esperada e desexada por todas as nais e pais  reunión da aula, onde cada educadora  contará como estamos a vivir estas primeiras semanas do curso.

Estas son as datas

  • Grupo de  Cunas, martes día 29 ás 17 horas.
  • Grupo de Aula  Grande, martes día 29  ás 18 horas.
  • Grupo de  Cacho-cole, mércores día 30 ás 17 horas.

Contaremos e mostraremos as propostas de rutinas diarias que forman o eixo organizador da mañá, así como a coordinación inicial, a alimentación, o descanso, a hixiene e o xogo individual e de grupo.

Tamén falaremos das entradas e saídas, do tema do calzado, as cadeiras,da roupa, do chándal e de temas relativos á organización escolar.

Valoraremos en grupo a forma de coordinar a información entre escola-familia: libreta,correos, papel etc.

O segundo encontro será na primeira quincena de outubro e terá lugar no CENTRO CÍVICO do barrio,  presentaremos  PROXECTOS DA ESCOLA: as experiencias que organizan   a vida  deste curso. Pensamos que dado o gran número de familias que estades asistindo ás reunión é  moito mellor e máis seguro un espazo amplo e cómodo para todos, por iso levaremos esta presentación ao centro cívico, tamén para que todos aqueles  interesad@s en coñecer o noso traballo educativo o poidan facer.

Contamos neste primeiro trimestre con dúas charlas-coloquio informativas relativas dunha forma moi especial á saúde dos primeiros anos, a cargo de nais da escola especialistas en cada un dos temas.Máis información nuns días.

la foto(139)

Sempre o xogo será o noso mellor compañeiro da viaxe!!

Benvidas familias e amig@s:

Xa podedes ver na nosa cabeceira que os máis intrepidos xa están dispostos a emprender unha viaxe de xogos e descubrimentos.

Julia e Martín alí estiveron na exposición do Marineda City  “Kids on the moon”que termina hoxe día 20.

Esta fotografía ilustra moi ben o que propoñemos día a día na escola, lograr pequenas conquistas, por suposto que non temos que marchar moi lonxe, as temos moi preto de nós, pero sabemos que o “gran salto”a outras aventuras é unha finalidade para os vindeiros anos.

A cercanía é o máis valioso para os nenos e nenas nestas idades, a seguridade e a confianza no grupo e en cada unha das educadoras.

A partir deste sentimento de seguridade e proximidade pódese lograr que os pequenos e pequenas fagan as súas conquistas: O movemento, a mirada,o sorriso, a linguaxe, un bo descanso, o gusto por comer, e a liberdade de facer e desfacer  o que máis preto está.

Cada neno e nena elabora ” o seu universo de conquistas”,as súas propias experiencias determinadas polas súas preferencias e intereses,polo tanto cada un é único, marabilloso e especial no universo.