A canción da escola deste ano adicada a Xosé Filgueira Valverde está subida en youtube

Como é xa unha tradición os autores homenaxeados o día das letras galegas son musicados na escola e acompañados de actividades vinculadas aos textos seleccionados.Este curso foi complexo atopar un texto para levar a canción, pero ao final logramos enlazar as palabras dun conto deste autor e facer unha canción. A canción estivo acompañada das ilustracións de Sara Iglesias e presentámola ás familias na festividade do 17 de maio nun pequeno trapiño bordado, logo a presentamos na festa.

Felix Arias puso música ao texto, e aquí podedes gozar dun son de mellor calidade que o anteriormente subido a este blog.  As ilustracións de Sara Iglesias xa están tamén presentes neste blog e estamos a espera dun traballo de recopilación das mesmas para que sexan públicas.

www.youtube.com/watch?v=zJT4KKFwTys
Esta entrada fue publicada en artistas, fiestas escolares. magosto, Música. Guarda el enlace permanente.