GRACIÑAS FAMILIAS :xa temos30 móbiles recollidos para COLABORAR COA FUNDACIÓN JANE GOODALL

http://www.janegoodall.es/es/ponteensulugar.html

Apadrinar un chimpancé é unha tarefa de responsabilidade e de coñecemento continuo sobre o que está a vivir e aconteceder en outros lugares do mundo . A través das imaxes e testimonios podemos promover dende cativos o interese pola vida animal; coñecer costumes, coidados e perigos. O respeto e valor da vida dos animais e da natureza comeza con pequena actuacións: ter pequenos animais na casa, peixes,tartarugas..a comida, o descanso a limpeza o estado de saúde..é unha magnifica opción para promover estes hábitos de coidado da natureza e tamén engadir o interese pola vida vexetal,plantas de horta, o plantas de xardín, árbores da rúa..

UNHA BOA IDEA!!

Apadriñar unha árbore da rúa: fai uns anos Eva, Pablo e Sofia..contaban esta experiencia de coidar e observar un arbusto o árbol da rúa e manter unha relación de observación permanente polo seu estado:..medra, está enfermo.Favorecer en familia o interese pola vida que está máis preto de nós e que a diario a atopamos na rúa.

Valorar os animais pequenos como os caracois..que estiveron con nós este verano. Aprendimos moito deles.

 

GRACIÑAS MOI ESPECIAIS Á FAMILIA DE XOEL, xa que papá e mamá estiveron estas semanas moi implicados na tarefa de recollida e divulgación desta campaña. grazas de novo.

Contamos cunha boa amiga, AMANDA BARCIELA, é  voluntaria en Senegal e nestes momentos está a traballar nesta fundación. Contamos con ela a volta duns meses de novo en A Coruña, e pasará pola escola para falar e contarnos moitas cousas da súa experiencia nesta fundación e o traballo directo cos chimpances.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.