Campaña CHIMPAMIGOS Fundación Jane Goodall.

 

http://www.janegoodall.es/es/

logo Instituto Jane Goodall

O pasado venres estivemos nunha charla informativa desta Fundación a cargo da bióloga galega AMANDA BARCIELA que está a traballar  en Senegal neste intstituto adicado á investigación e conservación da vida salvaxe e a educación ambiental.

Amanda contounos as razóns que levan a promover este tipo de accións como a que propoñen coa campaña “CHIMPAMIGOS” e ademais mostrou nunha serie de reportaxes a realidade social de países africanos na que a explotación infantil e a violencia está relacionada coa explotación de minas das que se obtén o COLTAN.

Foi una charla moi interesante e chea de información e como sempre quedáronnos  moitas gañas de participar e colaborar promovendo a través da escola  a recolleita de móbiles fóra de uso. A estas alturas do curso xa é complicado que podidamos facer moito, pero o noso compromiso é firme no curso próximo. Ademais aproveitaremos unha nova viaxe de Amanda Barciela á súa terra para que se achegue pola escola a informar a todos, grandes e pequenos.

A proposta é recoller trinta móbiles, xa que  con esta cantidade podemos axudar e ter un/unha  chimpancé apadriñado/a e así poderemos manter un seguimento do seu crecemento e vida.

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/08/solidaridad/1360342426.html

 

Esta entrada fue publicada en colaboración en educación infantil, educación medioambiental, experiencia cos animais, Sin categoría. Guarda el enlace permanente.