Visita dos profesores do colexio Valssasina de Lisboa á nosa escola.

DSC_0102 DSC_0104 DSC_0105 DSC_0106 DSC_0107 DSC_0108DSC_0109 DSC_0110 DSC_0111 DSC_0112 DSC_0113 DSC_0114O luns día 8 de xuño, visitaron Monte Alto dúas profesoras e o director do Colexio Valssasina de Lisboa, que están a realizar unha viaxe por Galicia para coñecer proxectos e experiencias educativas.

Foi unha xornada de moita actividade, xa que intentamos mostrar o máis significativo das propostas que facemos sobre Ciencia.

Estiveron tamén con nós, Jesús Garrido, Dolores Vázquez e a estimable Susana Vázquez, todos eles vinculados ao ensino e ao colexio Jesuitas. Pola nosa parte, estivo todo o equipo da escola e contamos coa sorte de que Felix tamén se achegará a compartir esta tardiña de intercambio educativo, onde Portugal, sempre tan presente no cancioneiro de escola e nos proxectos, foi o motivo para desplegar o noso facer dende hai anos no mundo da ciencia.

Tras percorrer toda a escola e visitar a tenda de Antón rematamos no patio cunha merenda e as cancións de escola. O director deste colexio portugués agasallounos cunha fermosa peza de porcelana de Vista Alegre, unha sardiña de deseño dun artista portugués.

http://p3.publico.pt/sites/default/files/4_2013/sardinha2.jpg

Podedes ver na rede a web deste  gran centro educativo de Lisboa, que conta cunha historia moi especial.. http://new2.cvalsassina.pt/

Esta entrada fue publicada en ciencia desde la infancia, colaboración en educación infantil, PINGANDO, recursos didácticos, taller de luz. Guarda el enlace permanente.