O venres 22 alá polas 21 h.tivemos unha xuntanza para escoitar ao astrofísico Borja Tosar.
Borja contounos dunha forma amena e asequible cousas dos astros, dos planetas e galaxias.
Foi un momento no que maiores e pequenos tivemos oportunidade de facer preguntas e achegarnos a entender algunhas cuestións do ceo que sempre son complicadas.
Despois, marchamos para a Torre, alí na zona dos Menhires montamos un campamento para mirar o ceo e gozar dun chocolate quente e larpeiradas.
Mentras todo isto acontecía , Felix Arias coa súa guitarra puxo música á noite.
Unha noite chea de encanto e beleza.
Contemplamos no telescopio a Lúa, e tamén Xupiter e Saturno..
Un ceo cheo de estrelas acompañando a unha lúa que parecía engalanada para esta ocasión.
Repetiremos este encontro.
Grazas a Borja e Felix