Espazos de interese para todos: As Bebetecas e Bibliotecas.

Un libro é un tesouro

Cando comezamos a nosa andaina educativa escollemos  os contos e os libros  para ser compañeiros da nosa vida cotiá.

A Biblioteca Verde é un bo exemplo do interese por fomentar o gusto e acercamento aos libros. Recoñecemos que un libro garda sempre un tesouro, xa que podemos prendernos deles e vivir en todos os sentidos unha marabillosa experiencia.O relato lévanos aos mundos  imaxinarios ou reais onde se alimenta   a nosa curiosidade.

As ilustracións e os estilos artísticos  que acompañan as palabras son motivo para recrearnos coa beleza de debuxos, composicións ,fotografías, collages…Tamén miramos  os formatos e os tipos de papel,..e aínda o seu olor. Olfatear un conto sempre é interesante, e máis cando somos nós as primeiras que temos as sorte de facelo.

A literatura infantil galega é moi boa, e cada vez que nos achegamos ás librarias como, Lume, Cascanueces ou Sisargas entre outras, facemos grandes esforzos na escolla dos contos. Para este momento  tan difícil de mercar contos, temos a sorte de visitar as  estupendas bibliotecas e bebetecas que hai  por toda a cidade e facernos socios/as das mesmas.

A Biblioteca Municipal Monte Alto é o  punto de referencia para escoller contos sobre os diversos temas que traballamos na esola. A rede de bibliotecas municipais contan cun equipo especializado en literatura infantil, son magníficas   xa que orientan e facilitan o noso traballo nos temas que pedimos.

A biblioteca munipal Monte Alto,colabora  na tenda de Antón e estiveron con nós,un ano máis, na celebración do Día das Letras Galegas.

Hai grandes espazos para rodearse de literatura infantil;..A biblioteca do Agora é un espazo  encantador,a gran  biblioteca González Garcés ….e tamén temos preto, a que hai uns días visitamos, a Bebeteca da Diputación. Aquí deixamos unhas fotos e documento da mesma, e facemos unha aperta imaxinaria a todos os contos e libros que pasaron polas nosas mans e ollos..e aínda temos no corazón.

documento pdf-grupo familias aula grande

VISITA A LA BEBETECA

documento pdf-grupo cacho-cole

conta contos na tenda de antón

 

IMG_2205 IMG_2206 IMG_2207 IMG_2208 P1260967 P1260969 P1260971 P1260986 P1260989 P1260993

 

 

 

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.