Xornada Infancia,asombro e educación. Educabarrié

Onte, celebrouse a xornada de educación infantil na sede da Fundación Barrié na Coruña.

Nesta ocasión, na xornada estivo presente  AMEI, a  Asociación Mundial de Educadores Infantiles, representada por  Juan Sánchez Muliterno e Marisol Justo de la Rosa.

Baixo o título “Infancia, asombro e educación” tivemos a oportunidade de escoitar as reflexións de destacables profesionais  e comunicadores de diferentes ámbitos; dende o mundo da divulgación a coñecida comunicadora Catherine L´ecuyer que abriu a xornada, para logo entrar na achega dos mestres da Pedagoxia Waldorf;Cristina e Xabier que dende a experiencia da escola falaron das grandes liñas que enmarcan  o pensamento Waldorf. Aidé Barbosa mestra mexicana trouxo a súa experiencia aínda que por motivos técnicos non puidemos gozar de toda o seu traballo.Lois Ferradás sempre é unha gran oportunidade aprender das súas achegas  sobre a educación en xeral e a infantil en concreto,onde  o seu maxisterio determinou  unha evolución importante na visión  da escola e da infancia.

O grupo Filosofía para Nenos, abriu a sesión da tarde para entrar de cheo en poñer en valor o pensamento do nenos e nenas e,dunha forma especial e valiosísima, as emocións e a dimensión interior da persoa: O respecto ao tempo de reflexión, de pensamento e expresión. Laura Lizancos, cunha comunicación dinámica e  colorista sobre os nenos e as súas expresións gráficas e artísticas, deixou as pinceladas da importancia que teñen os mestres e mestras nestes primeiros anos.  Marisol Justo de la Rosa, na comunicación final transmitiu coa súa enerxía tan especial reflexións sobre o facer diario  na escola e o respecto que temos que gardar sempre polos nenos. A necesaria reflexión previa que os/as educadores e mestres temos que facer sobre a nosa dimensión interpersoal, para fixar un modelo correcto de persoa na que o neno/a poida apoiarse e tomar como referencia.

Tamén neste encontro, os programas de EDUCABARRIÉ, tiveron o seu momento. Bettina Kohlaas presentou o programa ” Un artista na escola”e Ana Torres  Jack a súa sección de orientación ás familias, María Teresa Mumary o programa ” Papá, mamá quiero jugar”.

A nosa escol,a tivo a oportunidade de mostrar nesta xornada, dúas aportacións que están ligadas á Fundación Barrié. Por unha banda “A tenda de Antón” que está en marcha dende hai máis dun ano e na que participou xa un numeroso grupo de nenos e nenas de escolas e colexios, e a instalación creada a partir do traballo da artista Carmina Serra co grupo de 2-3 anos durante os meses anteriores.

Para todo o equipo da escola foi moi importante ver a creación na sede da Barrié. O peixe azul, xa dorme de novo no patio, á espera da noite máxica de San Xoán, onde probablemente chegará de novo ao mar.

Ao longo desta xornada escoitamos palabras como BELEZA,SILENCIO, PENSAMENTO,CURIOSIDADE, ACOMPAÑAMENTO,EMOCIÓNS..Todas elas ligadas ao tema do ASOMBRO.

Destacar a sempre especial aportación de SUSANA VÁZQUEZ MARTINEZ, promotora de ideas e proxectos innovadores, presente na sala e na mente  dos que estamos participando dende hai algúns anos en EDUCABARRIÉ. Sempre grazas por acoller ideas e persoas dunha forma tan marabillosa.

Esta entrada fue publicada en reflexión, Sin categoría. Guarda el enlace permanente.