Hoxe día das Letras Galegas

SAM_3135SAM_3128SAM_3129 SAM_3125

 

 

 

Ao longo destes meses as educadores estivemos preparando esta celebración dun xeito moi especial.

Primeiro buscamos textos do homenaxeado FILGUEIRA VALVERDE coa idea de aproximar aos nenos e nenas ás palabras deste autor.

Do libro “Quintana Viva” seleccionamos un relato “A moza que borda flores e bolboretas”.

Do relato seleccionamos as frases e palabras que contan esta historia. O texto definitivo foi musicado por FELIX ARIAS, ilustrado por SARA IGLESIAS, e bordado por CHARO CASTRO. Deste xeito logramos unha canción acompañada por ilustracións e un trapiño bordado que cada neno e nena levou na libreta o venres.

A canción é moi fermosa, e as palabras cobran un novo valor cando son escoitadas coa voz e sons da guitarra de Félix. As cores das ilustracións achegaron aos cativos o significado das palabras e o trapiño quere ser un elemento motivador para manter viva esta data tan significativa para galegos e galegas.

ILUSTRACIÓNS: SARA IGLESIAS BOA https://galiciamodoon.wordpress.com/2013/07/02/galicia-modo-on-entrevista-a-ilustradora-sara-iglesias-vazquez/

NUNS DÍAS A MÚSICA COMPOSTA POR FELIX ARIAS PARA ESTE TEXTO.

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.