nRematamos unha semana intensa na arte e na ciencia.

O sábado vivimos unha nova xornada de ciencia, na que presentamos o traballo que estamos a desenvolver sobre astronomía para os primeiros anos. Nun entorno espectacular e co tempo ao noso favor puidemos promover algunha das experiencias. Moitos nenos e nenas e familias,amigos, e xente curiosa pasou pola exposición, e nós moi contenas e satisfeitas de manter a ilusión cada ano por participar no DÍA DE CIENCIA NA RÚA. Grazas Felix Arias por poñer o momento musical na ciencia.

Os nosos parabéns a Javier Novelle, o gran impulsor destas convocatorias, pero o primeiro que visitou a escola para falar con nós, fai once anos, e anirmanos a presentar proxectos.

Tamen á Asociación Amigos da Casa das Ciencias, xa que eles promueven todo este evento.

As cousas de Pablo, proposta didáctica para aproximarnos á exposición do Primeiro Picasso contou coa presentación da rutina para as familias e co taller Picasso do que dentro duns días mostraremos as imaxes.

 

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.