O MES DE MAIO ESTARÁ CHEO DE PROPOSTAS PARA AS FAMILIAS

Un adianto das datas que podedes ir marcando no calendario, con actividades para facer en familia.

MARTES día 5 TALLER DE PABLO PICASSO, NA ESCOLA Presentación de Actividades para achergarse en familia á exposición “O primeiro Picasso”. Pola tarde, para todas as idades ás 16,30h,acompañados dun ou dous adultos. Non asistan  con outros menores, ca idea de facilitar a máxima participación dos nenos e nenas da escola nas actividades. Duración, non máis das 18h. Roupa para pintar,calzado alternativo ou calcetíns para maiores.

SÁBADO día 9 DÍA DE CIENCIA NA RÚA, parque de Santa Margarita.Dende as 11 ata as 19h.

VENRES 22 pola tarde e noite: “CHOCOLATE CON ESTRELAS”

Primeiro quedada na escola para escoitar a BORJA TOSAR, astrofísico e divulgador destes termos.Membro da agrupación coruñesa IO de Astronomía.Pequena charla sobre o básico deste tema.Logo marcharemos en coches particulares ..ata a zona de MENHIRES DA TORRE, para contemplar as estrelas. Contamos coa presenza de astrónomos e teremos oportunidade de mirar a través de telescopios o ceo.

PARA ESTA NOITE TEMOS QUE LEVAR: ROUPA DE ABRIGO,MANTAS PEQUENAS,LEVAREMOS CHOCOLATE QUENTE E DOCES PARA MANTER OS OLLOS ATENTOS E MIRAR O CEO. (O chocolate o lévao a escola e os doces as familias)-como nas festas.

PROBABLEMENTE CONTAREMOS COA PRESENZA DE FELIX ARIAS E A SÚA MÚSICA.

APUNTARSE nesta  ACTIVIDADE A TRAVÉS DO CORREO DA ESCOLA: grupos familiares de alumn@s e ex-alumn@s eim montealto e colaboradores/amigos habituais do centro. ei.montealto@hotmail.com

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.