De novo PASEANDO POLAS RÚAS

O xoves día 23 de novo comezamos cos paseos con familias, organizados sobre o proxecto de educación vial, PASEANDO POLAS RÚAS.

O primeiro paseo foi dende a escola ata a Torre de Hércules, e rematamos na Rosa dos ventos, xogando e mirando o magnífico mosaico. Orientados ao norte despedimos este primeiro paseo que contou cun  bo grupo de familias de todas as idades. O tempo foi estupendo para andar pola rúa e pasar unha boa tarde todos xuntos.

DSC_0025 DSC_0028 DSC_0029 DSC_0030DSC_0027

 

 

Primeira parada, o soldado de Botero: pulseras, chapiñas e tamén música.

Primeira parada, o soldado de Botero: pulseras, chapiñas e tamén música.

Un gran reloxo para falar do tempo. Aprender a esperar, a manter o ritmo e facer todo dun xeito axustado á actividade.

Un gran reloxo para falar do tempo. Aprender a esperar, a manter o ritmo e facer todo dun xeito axustado á actividade. Foro, o noso personaxe semáforo xunto cun o paso peonil, estiveron presentes para mostrar dunha forma divertida o máis básico para andar pola rúa: por onde e cando cruzar.

Esta entrada fue publicada en educación lenta, recursos didácticos, Sin categoría, tiempo y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.