Pesc-ARTE

Ao longo desta semana os peixes e a imaxinación van da man. O proxecto Un artista na escola, da Fundación Barrié achéganos á escola a unha pintoraCARMINA SERRA. A experiencia conxunta presenta un xogo creativo cunha especial relevancia artística.As actividades que levamos feito estes días e que remataremos con Carmina o próximo martes serán publicada na web educabarrié.

A  imaxe da cabeceira mostra un momento de exploración de peixes na mesa de luz. Peixes de tamaños diferentes: un grande, moitos pequenos…dous medianos. Pronto as mans comezaron a establecer relacións entre eles…”foi fantástico”comprobar que a establecieron un grupo familiar, entorno á grande..unha nai (pescada) e fill@s(parrochiñas) estaban en contacto..entraban ba barriga ( aberta) e subían e baixaban por ela. Magnífico momento..dúas xardas esperaban turno..pero no forón metidas no grupo..Este momento foi silencioso, máxico e ofrécenos de novo ás maiores da escola, a oportunidade de aprender das capacidades expresivas dos nenos e nenas.Moito máis na memoria desta extraordinaria experiencia PESC-ARTE.

Esta entrada fue publicada en arte, artistas, creatividade, ESPACIOS Y ESCUELA, INSTALACIONES, kayak. Guarda el enlace permanente.