FESTA CHOQUERIÑA MONTEALTO

trapiños 1 trapiños 2 trapiños 3 trapiños 4 trapiños 5

 

 

 

UN ENTROIDO MÁIS NA ESCOLA, NOQUE OS TRAPIÑOS FORON A VESTIMENTA PROTAGONISTA.

“Vexo vexo o mundo do reves”canción do CD Lucecús de Pirilampo

A festa tivo lugar o pasado venres día 13 na aula grande.Participaron moitas familias e amigos, que estiveron a participar das diversas actuacións e xogos propostos para celebrar esta populosa e divertida celebración.

O conto do calcetín amarelo presentado por D.Ramón foi unha forma amena de valorar esta peza de ropa que dende cativos conta cun protagonismo destacado. O conto vai de xogar coa imaxinación e crear cun simple calcetín moitas cousas: naves espacias, bolsiñas,cabalos etc..Despois os sombreiros e os zapatos pasaron a formar parte das cancións e xogos, xa que tamén estas pezas dende moi cativos son coñecidas e moi importantes. A canción de vexovexo o mundo do reves, foi presentada con sombras feitas para a ocasión, nas que poidemos constatar que as cousas moitas veces poden ser ao revés. Logo continuaron as adiviñas, as cancións ao ritmo choqueiro “Onde estas choqueiriño” e para rematar o rap do entroido. Para poñer o punto e final á festa un desfile de calcetíns especiais para a ocasión, que tiveron un agasallo da escola. Por último a merenda popular, na que todas as familias participan.
Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.