TRAPIÑOS NA FESTA DA PAZ

SAM_2177SAM_2180SAM_2181SAM_2182SAM_2183SAM_2186SAM_2184A paz conta con moitos símbolos que a identifican e, tal vez, o máis coñecido e utilizado é a imaxe da paloma.

A paloma da paz, foi debuxada por Picasso para unha importante reunión internacional sobre a PAZ.Sobre unha tea vermiellas debuxamos e fixemos cunha cinta de tela o contorno, pedimos encher a paloma de cores..e cada un aportou o seu trapiño. Colocamos dentro do contorno os trapiños. Fixemos un pequeno marco con materiais de xogo e rematamos con luces de cores.

Logo un cachiño de silencio…e despois  un lanzamento de palabras que falan de ..paz,amistade,familia,agarimo,man,caricia,amigo,bico,ledicia,alegría,sorriso,aperta..terra e ceo. Esta fin de semana, os trapiños están nas casas, para que neles   se debuxe unha paloma. O luns voltarán os trapiños e volaran as palomas na escola.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.