O calzado da rúa/o calzado de escola.GRAZAS

A limpeza das rúas: concienciación cidadá

Lamentablemente é moi triste observar o estado de limpeza das rúas e prazas, especialmente a nosa do mercado: suciedade, auga estancada,lixo etc..aínda que leva tempo a nosa e vosa petición realizada non observamos a mellora destas condicións.

Valorando a necesidade de manter un nivel de hixiene adecuado a nosa actividade pedimos hai uns meses opinións e ideas.

A nosa proposta UTILIZAR OUTRO CALZADO PARA ESTAR NA ESCOLA.

En pouco tempo as familias colaboran ca idea de engadir un novo hábito de hixiene: cambiar o calzado cando chegamos á escola.

Esta semana, moitos nenos e nenas ca axuda dos maiores estan iniciando esta boa costume que beneficia en gran medida á hixiene e benestar de todos.

Grazas a colaboración das familias, por entender a nosa proposta e favorecer que todo se faga sen moitos problemas. É fantastico contar  pais e nais tan sensibles e receptivos!!

Agora estamos a probar como deixar o calzado gardado para que sexa práctico atopar tantos ao chegar como ao marchar sen moito problema. Nesta búsqueda estamos.De novo graciñas por facer posible esta iniciativa na vida escolar, un hábito interesante de hixiene e saúde.

lindos zapatos

 

Esta entrada fue publicada en familias, INSTALACIONES, Sin categoría y etiquetada , , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.