TRAPIÑOS NA FESTA DA PAZ

SAM_2177SAM_2180SAM_2181SAM_2182SAM_2183SAM_2186SAM_2184A paz conta con moitos símbolos que a identifican e, tal vez, o máis coñecido e utilizado é a imaxe da paloma.

A paloma da paz, foi debuxada por Picasso para unha importante reunión internacional sobre a PAZ.Sobre unha tea vermiellas debuxamos e fixemos cunha cinta de tela o contorno, pedimos encher a paloma de cores..e cada un aportou o seu trapiño. Colocamos dentro do contorno os trapiños. Fixemos un pequeno marco con materiais de xogo e rematamos con luces de cores.

Logo un cachiño de silencio…e despois  un lanzamento de palabras que falan de ..paz,amistade,familia,agarimo,man,caricia,amigo,bico,ledicia,alegría,sorriso,aperta..terra e ceo. Esta fin de semana, os trapiños están nas casas, para que neles   se debuxe unha paloma. O luns voltarán os trapiños e volaran as palomas na escola.

Sesion de astronomía para familias.

la foto(27)

7 de febreiro no planetario ás 11 horas.

Música en directo:Felix Arias

Proxecto “ERES O MEU CEO”prazas limitadas” asistentes – alumnos da eim montealtocurso 2014/15 e curso 2013/14 Un adulto por nen@.

DSC_0861

A sesión comeza as 11horas, contade con tempo suficiente para chegar e subir a sala.
As 12 horas comeza unha sesión pública polo que seremos moi puntuais.
Para identificarnos como grupo, pedimos que os nenos e nenas leven posta a camiseta de constelación feita na escola(ex-alumnos) e os deste curso levaran a casa ao longo da semana a camiseta.

 

un mes de xaneiro que comeza mirando ao ceo…

ERES-MI-CIELO1.jpg

la foto(508)

como é xonxa

O martes día 20 visita do cacho-cole ao planetario e casa das ciencias: Nesta ocasión, Xonxa estará na actividade, xa que presenta a historia dunha nena que como ela, gustáballe andar do reves. Andar do reves e mirar as cousas doutro xeito é o tema deste conto que móstranos tamén a importancia de mirar o ceo y buscar lugares onde a luz da cidade non impida ver todo o universo pola noite. Os trapiños tamén voltarán a ser elementos importantes no desenvolvemento da narración, xa que a modo de gorriños de lá, tapan as farolas e lámpadas da cidade para que as estrelas sexan admiradas.

Despois desta narración teremos a oportunidade de observar o ceo destes días ..e alí localizar as constelacións,os planetas, a lúa…Estamos seguras que será unha sesión asombrosa.

música e teatro a fin de semana de 24 e 25 de xaneiro.

É moi interesante a programación de teatro para bebés que está no AGORA ao longo destes meses.

O próximo, domingo 25 de xaneiro Cuando vuelve la luna. TEATRO PARA NENOS  A PARTIR DE UN ANO, ATA CATRO E OS MAIORES QUE SOMOS COMO NENOS TAMÉN PODEN IR. O TEATRO DE NENOS É UNHA SEMPRE UNHA OPORTUNIDADE DE CONTEMPLAR BELEZA. MOI RECOMENDABLE PARA INICIAR AOS NENOS E MAIORES NO HÁBITO DE CONSUMIR CULTURA.

O sábado 24, ás 20,30 no TEATRO ROSALIA DE CASTRO, UN CONCERTO DE MÚSICOS,cinco paredes, e  ENTRE ELES, FELIX ARIAS. É un poco tarde para os peques, pero seguro que cando escoiten o son das guitarras estarán marabillados, ADEMAiS ESTARÁ FELIX, seguro que e razón suficiente para estar moi atentos e contentos.

 

 

 

O calzado da rúa/o calzado de escola.GRAZAS

A limpeza das rúas: concienciación cidadá

Lamentablemente é moi triste observar o estado de limpeza das rúas e prazas, especialmente a nosa do mercado: suciedade, auga estancada,lixo etc..aínda que leva tempo a nosa e vosa petición realizada non observamos a mellora destas condicións.

Valorando a necesidade de manter un nivel de hixiene adecuado a nosa actividade pedimos hai uns meses opinións e ideas.

A nosa proposta UTILIZAR OUTRO CALZADO PARA ESTAR NA ESCOLA.

En pouco tempo as familias colaboran ca idea de engadir un novo hábito de hixiene: cambiar o calzado cando chegamos á escola.

Esta semana, moitos nenos e nenas ca axuda dos maiores estan iniciando esta boa costume que beneficia en gran medida á hixiene e benestar de todos.

Grazas a colaboración das familias, por entender a nosa proposta e favorecer que todo se faga sen moitos problemas. É fantastico contar  pais e nais tan sensibles e receptivos!!

Agora estamos a probar como deixar o calzado gardado para que sexa práctico atopar tantos ao chegar como ao marchar sen moito problema. Nesta búsqueda estamos.De novo graciñas por facer posible esta iniciativa na vida escolar, un hábito interesante de hixiene e saúde.

lindos zapatos

 

Benvido 2015

Un saúdo e a nosa benvida a un ano novo. Este é un día de moitos propósitos e proxectos..así que renovamos o noso compromiso por adicarnos e para   acompañar, xogar,pensar, falar, medrar,emocionar,comer,durmir,debuxar,adiviñar,escoitar,aplaudir, sorrir, crear,rir, sorrír, chorar, querer, cantar, escoitar,tocar,arrolar,colear,orientar,cociñar,inventar, gustar,pensar,pasear,correr,andar,gatear,mirar,deseñar, ordenar, mercar,saúdar,mostrar, invitar, curiosear,………………….todo aquilo que se nos poña por diante e todo aquilo que teñamos no noso imaxinario e non estea feito.
 
aprendendo xuntos

holi2