Somos Monte Alto, a escola pequena que está xunto o Mercado do barrio.

Somos a escola infantl municipal Monte Alto dende 1987

Somos a escola infantl municipal Monte Alto
dende 1987

Que sorte identificarnos cun barrio que está cheo de actividade comercial,veciñal, cultural,social!! . aínda que moitas veces sería máis  fácil  para o noso traballo, estar aisladas da rúa, do tráfico, dos berros de veciños, dos donos e donas de cans e cadelas irresponsables..da auga permanente que rodea a escola…Pero a pesar de todo isto, gústanos o noso barrio.

Onde todos, os de fóra e dentro, traballamos por facer que os nenos e nenas recoñezan que este espazo é particular: casa,escola,mercado, plaza, barrio e cidade son referencias moi importantes para medrar no estimable valor de “pertenencia  e identificacion”

Este sentimento comeza a adquirirse dende moi pequenos,e é tan fundamental, que  adicamos  un importante tempo , e por iso imos sin moito barullo a construindo  esta rede de socialización que xunto as familias fiamos dun xeito tranquilo e continuo.

As prazas e xardíns son lugares excelentes para os pequenos ..!Cantos se ven no Campo de Marte! Na praza do reloxo !! pola tarde.

Agora,  na escola hai algo moi especial, grazas a un grupiño de nenos e nenas que colleron gusto por tocar como o fai Felix..Felix toca a guitarra..que sorte!! Pois nove pequenos que xa marcharon da escola o curso anterior volven os luns a súa escola para tocar e aprender da música. Guitarras pequenas, as máis pequenas das tendas de música, están reunidas cada luns de seis a sete de novo aquí. Ese fío de pertenencia e case dereito de propiedade é moi interesante, xa que os vai enchendo de pequenas responsabilidades sobre aquilo que sinten como deles.

 

 

 

Esta entrada fue publicada en continuidade entre escola e colexio., Música, o paso do 1º ciclo ao 2ºciclo de infantil., Sin categoría y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.