XORNADA FORMATIVA – A TENDA DE ANTÓN xoves 16 e 23 de outubro na sede da Fundación Barrié e na EIM Monte Alto

 la foto(310)

Na sede da FDSCN1014undación Barrié, tivo lugar o  encontro co profesorado interesado en coñecer e visitar a Tenda de Antón.

O equipo da escola ofreceu  información do proxecto Mercados, referente desta experiencia, e da dinámica que temos para presentar aos nenos e as familias a tenda como un espazo de xogo compartido.

A sesión tiña como finalidade dar a coñecer a organización deste espazo educativo e motivar ao profesorado para visitar co seu alumnado o mercado de Monte Alto e a tenda de Antón.

Ao  longo deste curso diferentes colexios e escolas solicitan esta visita e o intercambio de materiais elaborados para a mesma. O xoves día 23 tivo  lugar na mesma tenda a segunda parte, ca visita ao mercado,tenda e escola co fin de favorecer a programación  dos mestres e sacar o maior aproveitamento as saídas dos centros.

Compañerias de educación infantil  de 1º e 2º ciclo , de Narón, Carballo, Arteixo e A Coruña visitaron a tenda de Antón.

Compañerias de educación infantil de 1º e 2º ciclo , de Narón, Carballo, Arteixo e A Coruña visitaron a tenda de Antón.

O momento final no patio da escola, onde caixas do mercado quedaron instaladas para servir de mesas.

O momento final no patio da escola, onde caixas do mercado quedaron instaladas para servir de mesas.

A presenza da profesora da Facultade de Educación da Coruña, Concepción Sánchez brindou a oportunidade para compartir ideas e reflexión sobre aspectos sempre interesantes da educación infantil:  espazos dentro e fóra da escola, proxectos e métodos de traballo, iniciativas con robots,..e experiencias da súa traxectoria profesional que sempre son moi interesante.

A presenza da profesora da Facultade de Educación da Coruña, Concepción Sánchez brindou a oportunidade para compartir ideas e reflexión sobre aspectos sempre interesantes da educación infantil: espazos dentro e fóra da escola, proxectos e métodos de traballo, iniciativas con robots,..e experiencias da súa traxectoria profesional que sempre é moi interesante.

 

 

 

 

 

 

 

 

Grazas a Fundación Barrié polo seu apoio, en especial a María José Mariño,directora da área de Educación e Ciencia, a Enrique Fernández director da área de Patrimonio a Susana Vázquez responsable do grupo de Gabinete de Mestres e os compañeiros do mesmo colectivo pola súa presenza ( Xacobo ) polas seus ánimos e mensaxes(BegoñaCodeasal, Begoña Torreiro,Beatriz Castro,Marta y Dolores..) e a sempre MESTRA DE MESTR@S MILA (Milagros Blanco) por contar de novo contigo nesta aventura do ensino.

A Marta e Olga por facilitar a organización deste encontro.

A Mercedes López o equipo Carricanta, Emi y o equipo de EIM Cativos por recoñecer que dende o primeiro ciclo de EI podemos e facemos moito por crear oportunidades para nenos e familias. Polo seu apoio en momentos complicados e pola súa enerxía para manter un grupo disposto a innovar e reflexionar sobre a educación infantil nesta cidade chea de posibilidades.

E tamén un aplauso o equipo da escola, polo seu tempo e esforzo, compromiso por mellorar día a día e disfrutar da facer as cousas doutro xeito: baixo o paraguas do cotidiano e do asombro. GRAZAS Chus, Andrea,Paula,Carmen y Paula.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.