ESTA É A MERENDIÑA dos maiores do cole

Do cole á escola, unha forma de entender a continuidade do tempo na infancia.

Do cole á escola, unha forma de entender a continuidade do tempo na infancia.

Contar e ser escoitado por todos. Falar en grupo,Valorar e recibir o ánimo e aplauso dos maiores.

Contar e ser escoitado por todos. Falar en grupo,Valorar e recibir o ánimo e aplauso dos maiores.

Medrar e conquistar novos logros.

Medrar e conquistar novos logros.

                Andamos a buscar o mellor camiño

para que o paso da escola ao cole sexa vivido polos maiores como unha continuidade.

Neste transito onde o neno vive tantos cambios, nós como educadoras, tamén queremos participar apoiando e valorando os seus logros: entrar e xogar nunha nova aula, ter unha nova profe,e ademáis voltar a ser pequenos nun cole moi grande.

É bo voltar a velos e comprobar que viven este tempo con poucas dificultades; seguros e alegres, abertos a novas conquistas onde mostrarse tal e como son.

Cando atopamos profes como MAYTE do Ceip Sanjurjo de Carricarte, temos a esperanza de que os coles saiban que reciben nenos e nenas cheos de  vivencias que contar, que coñecen moitas cousas, que teñen actitudes para escoitar,falar e xogar en grupo, e que a súa “vida anterior”  ten significado e xa está chea de lembranzas e emocións.

A música facilita compartir sons, movementos,palabras..por iso FELIX significa tanto. Tamén estivo con nós na merendiña.

Grazas as familias e os coles de maiores que colaboran.

Esta entrada fue publicada en o paso do 1º ciclo ao 2ºciclo de infantil., Sin categoría. Guarda el enlace permanente.