MERENDIÑA NA ESCOLA PARA” OS MAIORES QUE XA COMEZARON NO COLE ESTE CURSO”

DSCN0991

O xoves 25  temos unha xuntanza cos maiores

ACLARAMOS QUE É iSO DE SER MAIOR

Os nenos e nenas que marchan da escola é porque xa son maiores, e claro…a  nosa escola é ” de pequenos”

Este é o argumento máis frecuente que  escoitamos para poder explicar a razón do cambio, e do paso dunha escola a un cole, de pasar de estar con “Chus,Juana,Carmen, Paula, ..Andrea, Montse” a estar coa profe Marta, Eva,Katy, Marica..

Na nosa escola todo é tan pequeno, que teñen que marchar e emprender un camiño novo onde atoparan

COLE =unha escola grandela foto(256)

UNHA  PROFE=chus grande

A nosa inquietude por eles non remata cando finaliza o mes de xullo, se non durante  o primeiro e seguintes anos de escolarización. Aínda que o sistema escolar ten así repartido  a principal etapa de desenvolvemento dun nen@, nós buscamos as formas de manter a nosa prolongación educativa coas familias que así queran facelo.

Chega o momento de axudar a Felix e converternos nun grupo musica.

Chega o momento de axudar a Felix e converternos nun grupo musica.

O vivido durante estos tres primeiros anos é fundamental e xuntos cos anos seguintes (2ºciclo de infantil) construe a base da personalidade e a aprendizaxe.

Mantemos  as portas sempre abertas para voltar e consolidar o vivido na escola,  as relacións de compañeiros, as relación coas chuses,juanas,…,as relacións cos espazos, tendas,patio….todo é un continúo que non queremos romper.

Na merendiña falaremos da proposta das “Clases de guitarra con Felix” para maiores e  como organizar horario,día mellor para tod@s.

unha aperta .

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.