Chega o peixe á tenda de Antón!!: creaciones de Alejo Sanchís.

Aínda que xa estabamos a piques de rematar a tempada, no último momento chegou unha caixa de peixe fresco. Non tardamos moito en abrir a tenda e colocar todo. Podedes ver nas fotos como os peixeiros non tiveron ni tempo de poñer o mandil..estaban encantados de estar de novo no mercado.

Estes novos exemplares de peixes están feitos por ALEJO SANCHÍS, un bo colaborador e amigo que pode estar ben contento coas súas pezas.Chamaron a atención dos nenos e nenas e tamén de nós.

É complicado atopar material curioso e ben feito para este tipo de actividades, xa sabedes que moito está feito de plástico,por iso, cando contemplamos os peixes creados por Alejo comprobamos que o material de refugallo e tamén moi adecuado para esta tenda.

Grazas Alejo pola túa axuda e un gran aplauso polo traballo creativo que realizas.

DSC_0872(1) DSC_0873(1) DSC_0875(1) DSC_0876(1) DSC_0877 DSC_0878(1) DSC_0880 DSC_0881 DSC_0883 DSC_0884 DSC_0885(1) DSC_0886(1)