Amodiño

Dun xeito pausado estamos a crear situacións que son complexas de facer o resto do ano polo mal tempo, a limpeza da praza, o chan mollado…( circunstacias alleas a escola, pero que repercuten na nosa vida diaria escolar)

Agora ao mudar o tempo, o espazo exterior permite.. airear escola, entrar e saír por outras portas, tomar a praza como  espazo tamén noso de xogo e actividade e, favorecer que moitas s vexan a luz.
Non mostramos unha serie de fotos, ofrecemos  unha narración que, a nosoutras, permítenos entender  como mellorar a calidade da vida escolar. Limitada en superficie, pero ilimitada en posibilidades.

Non hai un peche de verán,  pero si temos un tempo de repouso, pousar vivencia,de airear propostas, de confrontar o noso facer, xa que moitos sabedes que a tarefa das educadoras é como un mandil cheo de petos onde se gardan, papel, sensacións, olores,sons, palabras, xestos, recordos…Petos sen cremalleras, nada se pecha de todo. Como di Jorge Drexler..”nada se pierde todo se transforma “.

 Que Marabilloso agarimo das familias cacho-coleras..!!( xa entendedes a expresión )

Mil grazas por entender que seguemos a ter ilusión por xogar e ter fermosos recordos entre as mans..estamos entusiasmadas polas bonecas..e como nenas xogamos nun imaxinario conto no  que cada unha de nós é protagonista da historia.

Pero tamén se engadimos a palabra, a aperta,a mirada..todo é máis grande . Moitas mágoas,moitas..seguro.

Por vós, familias amables y complices da escola un lanzamiento de foguetes no ceo.Non o vedes nesta páxina, pero se pechades os ollos, percutides nas pernas repetidas veces, facedes sons de motores, barullos varios..e levantades as mans ao ceo..veredes que pasa.

Esperamos por esa noite de veran estrelada NA QUE TODOS XUNTOS MIREMOS E DIGAMOS MOI, MOI ALTO…TI ERES O MEU CEO.

ESTE TEMPO DO CURSO 2013/14 FOI POSIBLE POR CONTAR CON MOITA XENTE O NOSO AGRADECEMENTO:

GRAZAS de novo familias,e asesores de  ceo e terra ,e de ciencia ( MIRAMONTES, MARCOS PÉREZ,SUSANA VÁZQUEZ,ROSA Mª ROS), de tecnoloxía e tics ( BEGOÑA CODESAL), carpintería e montaxe (ALFREDOS CHAVERT) robótica ( colexio de Rois, barrionovo e como no a Irene Olveira  polas súas axuda.
Á FUNDACIÓN BARRIÉ, POR FACER POSIBLE OS NOSOS PROXECTOS E ORGANIZAR ENCONTROS E XORNADAS DE FORMACIÓN.
AGAPEMA POR INVITARNOS A PARTICIPAR NA FEIRA MATEMÁTICA E NAS XORNADAS MATEMÁTICAS DE SANTIAGO
AO CEFORE POR INVITARNOS ÁS XORNADAS DE BOAS PRÁCTICA E PARTICIPAR NO CURSO DE FORMACIÓN “XOGO E ESPAZOS NA ESCOLA INFANTIL” ( Cristina e Lucia)
AS COMPAÑEIRAS DO BARRIO, DO CEIP SANXURXO DE CARRICARTE
AS COMPAÑEIRAS DE AVENTURAS EIM OS CATIVOS E  EIM CARRICANTA
Á APA TITONGO
A FELIX ARIAS E BLANCA  DE KATARSIS POR ESTAR CON NÓS SEMANALMENTE.
A XOSÉ LOIS POR COMPOÑER SONS E MELODIAS PARA que os pequenos gozen coa lingua galega e coa música.
 

A creatividade é  un fio de posibilidades sen límites.

 

 A luz, a cor, o ceo, as esferas, a oscuridade…invitan a participar en el juego de creación con elementos suspendidos, con  elementos propios de identificación( linternas,trapos,fotos,mantas) en espazos  de tránsito..( green,plaza,entrada..) Na aula grande recreamos un escenario onde os camiños do teito baixan ao chan, e forman barreiras,cordas,portas,fiestras e por eles transitamos e xogamos.

 

 “CAMIÑOS DE COR E LUZ”

la foto(137)la foto(47)la foto(13)

 

 

 

 

INSTALACIÓN “SUSPENSIÓN E TRAZOS DE COR”  la foto(16)  la foto(114)  la foto(116) la foto(117) la foto(118) la foto(119)   la foto(122)  la foto(135)la foto(115)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

documento pdf.transparsar

montealto para JUEGO, ESPACIOS Y ESCUELA. JULIO 2014. CEFORE

 

INSTALACIÓN “FIOS E SOÑO

la foto(112) la foto(113) la foto(138)

Esta entrada fue publicada en INSTALACIONES, JUEGOS Y ESPACIO, Sin categoría. Guarda el enlace permanente.