A Eim. Os Cativos coñecerá o próximo martes 17 o mercado de Monte Alto, e tamén os nenos e nenas coñecarán e xogarán na tenda de Antón.
A xornada será de convivencia e encontro entre pequenos e pequenas de dúas escolas que levan a traballar conxuntamente en moitas propostas didácticas. Compartirmos o proxecto O ritmo do son, e moitas inquedanzas sobre a educación infantil e a aproximación da ciencia dende pequenos.
Emi,Luisa, Fernando, Marisol..son complices de moitas aventuras e esta é unha máis delas.
Decirvos que esta semana confirmaron dende Voz Natura que temos o proxecto “A Horta de Antón” aceptado para a convocatoria 2014/15, e na escola Os Cativos faremos actividades de horta e plantacións, xa que elas contan cun espazo moi axeitado para levalas a cabo.
Desta forma queremos transmitir un sentir e un facer que leva tempo entre educadores e educadoras de escolas, xa sexan o non municipais, galiñas, ceips… que é compartir recursos , ideas, propostas e favorecer que os nenos e nenas teñan o mellor que entre todos os profesionais podemos ofrecer.
Graciñas Cativos de palavea…alá polo fin da cidade, estades vós, unha gran escola.