Novas de xuño:Paseo e código QR.

O noso primeiro codigo QR

Un novo mes por diante, cheo de propostas:

  • Mañá luns día 2, o grupo do cacho-cole vai de paseo. Estarán con nós alumnado do Cifp Anxel Casal que están a traballar un Proxecto de Educación Vial.
  • Temos a sorte de que eles crearon un novo elemento identificativo para a nosa escola.
  • É un codigo QR, onde se atopa a información básica da escola montealto: Dirección, teléfono,correo. Os nenos e nenacodigo QRs contan cunha chapa con este código. Desta forma todos imos identificados cando estamos fóra da escola, e ademáis estamos así incorporando novos recursos tecnolóxicos que xa están aplicándose na educación para outras actividades.
  • Grazas á colaboración de Arturo Iglesias e o alumnado do ciclo de educación infantil do Ánxel Casal.
  • O mércores día 4 pola mañá teremos un obradoiro de froitas na Tenda de Antón, a cargo da Oficina do Consumidor. Dirixida  ao grupo de maiores da escola.
  • Tamén o mércores, pero xa pola tarde, as compañeiras da Escola Infantil Municipal Os Cativos, estarán por Monte Alto escola para compartir con os materiais da tenda de Antón. Proximamente visitarán o mercado cos nenos e nenas do seu centro. Grazas chicas pola iniciativa.

Engadimos un calendario provisional de actividades provisionais  para este mes.

Botar unha ollada para organizar os días..

CALENDARIO JUNIO PROVISIONAL

Contades con novos documentos na páxina de Actividades dos grupos: son de actividades do cacho-cole ” A Casa das ciencias” e “O Millo”.

Tamén na páxina de A Comida da escola, está xa subido, o menú de xuño.

 

 

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.