UN GRAN SOÑO/ CONSTELACIÓNS/ FELIX ARIAS…

Un gran soño

http://www.kalandraka.com/blog/2010/05/20/x-campana-un-gran-sono-nas-librarias-de-santiago/
Neste enlace podedes ver e ler o contido do libro. É moi interesante, pero non fomos capaces por tempo e recursos para a festa de nadal. Na escola témolo e pouco a pouco aparecerá nos momentos de contacontos.
 

Constelacións

LEMBRADE QUE O 1 DE FEBREIRO, tedes unha magnifica oportunidade de ver CONSTELACIÓNS do grupo ARACALADANZA.
O espectáculo é para maiores de 5 anos, nós pensamos que pode ser moi interesante acudir con eles. Na escola falaremos deste singular e fermosa maneira de achegarnos áo ceo.
 
http://www.youtube.com/watch?v=2W1x-9Dr4o8
http://www.youtube.com/watch?v=4br0dC-wy_g

PAN DE MILLO

Outro novo conto-cd entra na escola, algunha destas cancións
http://www.youtube.com/watch?v=SqBqSYNMqHQ

 Felix Arias

Contade que Felix tocará na sala Madri Gras proximamente, pero o concerto será máis para adultos que para rapaces. Conta cun novo CD moi persoal.Podedes atopar información en facebook e escoitar tamén a súa música.
 
https://es-es.facebook.com/pages/Felix-Arias-Pagina-Oficial/132581550119579
Por certo onte no concerto de DUNCAN DHU, para rematalo tocaron UN XARDÍN DE ROSAS…. tivemos unha grata sensación de que na escola grazas a FELIX, entra a boa música , en vivo e directo.
http://www.youtube.com/watch?v=jDnoKMczTLw
 
Unha gran sorte..graciñas felix, por argallar os momentos complexos…ahí esa canción na festa de  CHAMANDO Á TERRA  recuperada por MCLAN dos inmortales STEVE MILLER BAND.
 
 
 

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.