Tal e como cantamos nas últimas semana do curso a canción de “Adiviña” de Magín Blanco, ” xa está aquí, xa chegou” o novo curso.
O día 3 de setembro a escola abrirá as portas para recibir ás familias ao completo. Un día para o encontro entre pequenos e grandes, para falar moito e deixar a curiosidade viaxar por toda a escola.