Un pasiño adiante:encontro coas mestras de 2º ciclo EI.

la foto(367)Mestras de infantil  do Ceip Sanjurjo de Carricarte e Ceip Víctor López Seoane

A continuidade entre o (0-3) 1º ciclo de infantil e (3-6) 2º ciclo é necesaria e lóxica, incomprensiblemente  dividida e motivo deste encontro coas mestr@s que o próximo curso terán nen@s da nosa escola.
O noso compromiso é facilitar esta nova etapa que comezan @s maiores en outros centros: primeiro dando a coñecer as nosas propostas, dinámicas de escola,metodoloxía ofrecendo colaboración para compartir experiencia, elaborando material gráfico para que cada nen@ atope un “cachiño de escola” na súa nova aula, para  contar , expresar e compartir  emocións,cancions,palabras con novos compañeir@s e cunha mestra que coñece a súa ” anterior escola”, as súas  “anteriores educadoras”, os seus proxectos e a  súa inquietude e compromiso  por favorecer unha ponte entre a escola e o colexio.
 
Os blogs destes dos centros públicos do barrio de Monte Alto son moi interesantes e recomendamos a súa visita.
bichinhosmontealto.blogspot.com Ceip Sanjurjo de Carricarte

 cachelinhasdatorre.blogspot.com Ceip Víctor López Seoane

 

 

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría y etiquetada , , . Guarda el enlace permanente.