Seres vivos na escola: agora tamén CABEZOLOS crías de ra.

la foto(373)la foto(371)

A familia de Sofía ( Cacho-Cole) trouxo unha boa tanda de “cabezolos” para a escola. Están na entrada, xunto as tartarugas.
Faremos unha recollida de información, relación de contos e imaxes para achegarnos a estes novos habitantes da escola.Grazas

Relación de animais da escola:
  • Peixes.Aumentou a familia. Naceu unha cría hai uns días, está separada no acuario ata que medre un pouquiño máis.
  • Tartarugas ( Manuelita e Tina, superaron a crise de saúde dos meses pasados)
  • Hamster ( Hipatia, está xa máis tranquila, aínda que non lle gusta moito a festa. Pouco a pouco collendo confianza).
  • e agora tamén Cabezolos..contade que podedes levar cabezolos para casa ao rematar o curso.

para comezar..

 

 

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.